Estadio de fútbol

O galego no deporte: identidade e pasión

Unha análise do uso da nosa lingua no mundo do fútbol e especialmente no Celta de Vigo

Por Inés Poupariña Naseiro e Rocío Maquieira Álvarez
28 de maio de 2025

O deporte en Galicia non é só competición, é identidade, cultura e lingua. Nos últimos anos, observouse un interese crecente pola recuperación do galego nos ámbitos deportivos, especialmente no fútbol, onde o Celta de Vigo destaca como embaixador da nosa lingua.

O uso do galego nos medios deportivos, nas redes sociais dos clubs e nas intervencións dos xogadores experimentou un lixeiro aumento, aínda que segue a ser minoritario fronte ao castelán. Non obstante, en deportes tradicionais como a corta de troncos ou a bola galega, o galego mantén unha presenza maioritaria.

Xogadores do Celta escoitando o himno galego Galegos orgullosos da súa bandeira Vestimentas típicas galegas Familias do pobo galego Gateiras nunha foliada

O Celta de Vigo, como club representativo de Galicia, ten un papel fundamental na promoción do galego. Nos últimos anos, o club incrementou o uso da lingua nas súas redes sociais e comunicacións oficiais, aínda que nas entrevistas e declaracións dos xogadores o castelán segue a ser dominante.

Segundo os datos recollidos na nosa investigación, só o 15% das entrevistas a xogadores do Celta realizáronse en galego, fronte ao 35% no caso do balonmán ou o 75% nos deportes tradicionais.

Entrevista co adestrador do Celta B sobre o uso do galego

As novas xeracións de xogadores mostran maior disposición a empregar o galego, especialmente os formados nas canteiras do club. Moitos deles reciben formación en galego nos centros educativos e isto reflexase no seu uso espontáneo da lingua.

A afección celeste tamén ten un papel importante. Nos últimos anos, aumentaron as iniciativas de peñas e seccións de afeccionados para promover o uso do galego nos cánticos e nas comunicacións entre os seareiros.

Xogadores do Celta falando en galego durante un adestramento

Os expertos sinalan que o deporte é unha ferramenta poderosa para a normalización lingüística. O impacto mediático do fútbol podería ser clave para achegar o galego ás novas xeracións e para reforzar a súa presenza no ámbito público.

Non obstante, aínda existen reticencias por parte dalgúns sectores que consideran que o galego non ten cabida no deporte profesional ou que asociánllo a unha falta de profesionalidade. Estas percepcións son, segundo os lingüistas, herdadas de prexuízos históricos que é necesario superar.

Estatísitcas

O futuro do galego no deporte pasa, segundo os expertos, por unha maior implicación das institucións, dos clubs e dos medios de comunicación. Iniciativas como a tradución ao galego dos nomes dos equipos nos videoxogos de fútbol ou o aumento de contidos en galego nas retransmisións deportivas poderían contribuír a esta normalización.

O Celta de Vigo ten a oportunidade de liderar este cambio e converterse nun referente non só deportivo, senón tamén cultural e lingüístico. Como club representativo de Galicia, o seu compromiso coa lingua podería ter un impacto significativo na súa recuperación e vitalidade.

Máis aló do deporte