Por Josefina Torres Pereiro e Chelsea Sidney González Besada | 11 de xuño de 2025
Xuentude Crea 2024 pon en valor a tradición e a innovación na moda galega
A colección inspirada no Corpus Christi de Ponteareas gaña o primeiro premio, destacando a fusión entre artesanía, cultura e unha moda cada vez máis comprometida co medio ambiente.
Arte floral inspirado nas alfombras de Ponteareas
Deseñadora gañadora do primeiro premio
Proceso creativo da colección
Uxía Loureiro, deseñadora gañadora
Visitantes apreciando a colección
Exposición pública da obra gañadora
1 / 6
En tempos nos que a moda sostible cobra cada vez máis forza, o Xuventude Crea 2024 volveu demostrar que as novas xeracións teñen unha sensibilidade especial para combinar creatividade, identidade e respeto polo planeta. Así o reflexa o galardón á mellor colección de moda, que este ano recaeu en Corpus Christi, un proxecto de Uxía Loureiro Caamaño, de Ponteareas, que rinde homenaxe á emblemática festividade local.
A colección destaca polo seu uso do arte floral, a intensidade das cores e estampados vivos que evocan a beleza das alfombras feitas polas mulleres do municipio, auténticas artistas da tradición. Máis alá do estético, Uxía aposta por técnicas e materiais que acangan un equilibrio co medio ambiente, introducindo así unha mirada fresca á moda sostible desde o corazón da cultura galega. Unha mestura que demostra que a innovación pode estar enraizada na historia e que a moda pode ser un vehículo para preservar valores e minimizar o impacto ambiental.
No segundo posto quedou Lilas, de Ana Román Rodríguez, de Vigo, unha colección que bebe da inspiración en Monet e Paco Rabanne, mesturando a luz impresionista con formas futuristas. Un proxecto que, sen perder o seu carácter experimental, tamén incide nunha tendencia global que busca a sustentabilidade a través da reinvención e o respeto polos recursos.
O terceiro premio foi para Lembranza, de Laura Villar Loureiro, de Guitiriz, que mergúllase nos oficios tradicionais e a artesanía de Galicia. O seu traballo non só recupera técnicas ancestrais, senón que tamén reivindica a moda ética, baseada na durabilidade e na conexión co territorio, unha resposta necesaria ao modelo consumista e efémero que domina hoxe en día.
As creacións poden verse na Igrexa da Universidade de Santiago, na Praza de Mazarelos, un espazo onde o público pode mergullarse nun universo de talento novo, tradición reinterpretada e compromiso coa moda sostible. Alí, a mocidade galega amosa como deseñar con identidade propia e conciencia ambiental é posible, trazando así novas sendas para unha moda máis respectuosa, creativa e conectada co territorio.
Talento emerxente en Camariñas, encaixe que tece o futuro
Na súa XXXIV edición, celebrada entre o 16 e o 20 de abril de 2025, a Mostra do Encaixe de Camariñas reafirmouse como un espazo imprescindible para o encontro entre tradición e vangarda no ámbito da moda artesanal.
Vista xeral da Mostra do Encaixe 2025
Detalle do traballo artesanal
Proceso de encaixe tradicional
Colección gañadora dos irmáns Orgaz
1 / 4
Cunha cifra histórica de 23.390 visitantes —a máis alta desde 2011—, o evento revalorizou a delicadeza do encaixe camariñán e abriu as súas portas a novas xeracións de creadoras e creadores que apostan pola sustentabilidade e o feito a man como unha nova forma ética de moda sostible.
Unha das principais novidades desta edición foi o espazo "Firma Emerxente", unha pasarela pensada para que deseñadoras e deseñadores emerxentes poidan presentar as súas coleccións diante do público e profesionais do sector. Propostas como Flor de Toxo, do galego Xaquín Ruíz, cunha reinterpretación do rural a través de volumes orgánicos e texturas naturais, ou Rebelde Collection, que explorou a feminidade dende un enfoque combativo, puxeron de manifesto a vitalidade creativa das novas xeracións.
Galería audiovisual: O encaixe vivo
🎥 Pasarela Firma Emerxente
🎥 Proceso artesanal do encaixe de bolillos
No XXXI Concurso de Novos Deseñadores, destacou a colección Mitra, creada polos irmáns Estefanía e Pedro Orgaz, gañadora do primeiro premio pola súa capacidade para fusionar o espírito contemporáneo co traballo tradicional do encaixe. A súa proposta, cunha paleta austera e xogos de transparencia, reivindicou o valor do feito a man nun mundo acelerado.
A mostra tamén serviu como espazo de aprendizaxe e intercambio grazas ao encontro entre grandes figuras da moda galega e novos talentos. Deseñadores de renome como Modesto Lomba, Charo Carrillo e Ana Cabranes participaron nun foro aberto compartindo experiencias e visións coas novas promesas do deseño galego.
Fóra da pasarela, a Mostra do Encaixe converteuse nun auténtico festival cultural. Concertos, presentacións literarias, degustacións de produto local e obradoiros fixeron da cita un espazo de convivencia e celebración do patrimonio inmaterial galego. O encaixe, lonxe de ser unha reliquia, mostrouse como unha linguaxe viva, que se reinventa para converterse en moda sostible.
Gala Despunte: talento, sostibilidade e emoción na pasarela da moda galega
A XXIII edición da gala Despunte, organizada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, converteuse un ano máis nun escaparate para a creatividade, a innovación e o compromiso coa sostibilidade.
Máis de 500 persoas reuníronse na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, para presenciar o futuro do deseño.
O evento, conducido pola presentadora e modelo Diana Nogueira, puxo en escena 27 coleccións desenvolvidas como Traballo de Fin de Estudos do Grao en Deseño de Moda, así como outras 18 propostas incluídas na sección Miscelánea, coa que o alumnado de terceiro curso amosa o seu proceso creativo.
Entre todo ese talento, destacou o nome dunha chairega: Laura Villar Loureiro, veciña de Guitiriz, que acadou o Premio Despunte ao Mellor TFG en Deseño de Moda pola súa colección "Lembranza". Un traballo que foi recoñecido pola súa calidade, coherencia e sensibilidade estética.
Un dos aspectos máis celebrados da gala foi a presenza da moda sostible como eixo transversal de moitas coleccións. A estudante Cristina Matos Saavedra foi premiada polo Mellor Proxecto Sostible, reafirmando que a formación artística en Galicia aposta cada vez máis por unha moda respectuosa co medio ambiente e socialmente responsable.
O desfile deixounos unha reflexión clara: a sostibilidade xa non é só unha opción, senón unha necesidade e un motor creativo. Os deseños apostaron por tecidos reutilizados, procesos de produción éticos e narrativas que conectan co territorio.
A gala Despunte é unha celebración da cultura visual, unha plataforma para novos nomes que xa pisan forte e unha declaración de intencións sobre o futuro do sector en Galicia. A través das súas propostas, o alumnado da Mestre Mateo demostra que é posible combinar innovación, identidade e conciencia ambiental.
Con cada edición, Despunte consolídase como unha cita imprescindible para quen queira entender cara onde camiña o deseño contemporáneo feito en Galicia.
Resumo da Gala Despunte 2025
🎥 Momentos destacados da gala na Cidade da Cultura
🌱
2025
Ano de fundación
100%
Sostible
∞
Impacto
A nosa historia
GAIA Magazine nace como un sopro de aire fresco no mundo da moda.
É unha revista dixital galega con alma sostible, que pon o foco nun xeito de vestir (e de vivir) máis consciente, máis ético e profundamente conectado coa contorna.
Nun contexto no que a industria téxtil é unha das máis contaminantes do planeta, GAIA Magazine propón unha ollada alternativa: a moda non como consumo rápido, senón como unha forma de expresión cultural, de identidade e de respeto.
Queremos dar visibilidade a marcas locais, deseñadores emerxentes, proxectos que apostan polos tecidos naturais, pola economía circular, polos procesos artesanais e polas historias que hai detrás de cada peza.
Desde Galicia para o mundo, combinamos a beleza das nosas raíces coas novas estéticas globais, sempre filtradas por unha sensibilidade ecolóxica e social. Aquí non falamos só de tendencias, senón de impacto. Non amosamos só roupa, senón valores.
🌿
Sostibilidade
Compromiso real co medio ambiente
🎨
Creatividade
Innovación con raíces tradicionais
🤝
Comunidade
Espazo de encontro e colaboración
🌍
Impacto
Moda que forma parte da solución
GAIA non é só unha revista. É unha comunidade en construción. Un espazo para quen cre que a moda pode (e debe) formar parte da solución.