Aplicación / Software · Espazo de acollida

Auditor de Contratos Públicos

Xoán Pardal Pérez e Alberto Quian

Ferramenta local-first para que xornalistas, estudantes e persoal investigador exploren a contratación pública española, detecten indicios estatísticos de fraccionamento de contratos menores e xeren informes reutilizables sen enviar datos a servizos externos.

Python 3.10+StreamlitpandasDuckDBPyArrowPlotlylxmlJinja2ReportLabKaleido

Esta aplicación execútase en local: non se pode probar desde o navegador. Podes ver o vídeo de demostración, descargar o código ou consultar o repositorio.

Aquí publícase a versión 1.0.0 (2026-07-28), a mesma depositada en Zenodo. O repositorio pode ter evolucionado despois.

Obra acollida no sitio: non pertence á materia. Recibiu apoio técnico do laboratorio; a autoría e a responsabilidade editorial son de quen a asina.

Demostración

Repositorio consultable

Vista pública dos ficheiros principais (43 ficheiros · 318 KB). Cada ficheiro pódese ver, copiar e descargar. Dependencias, cachés e ficheiros ocultos quedan excluídos.

Descargar todo (ZIP)

Preme «Ver os ficheiros» para cargar o repositorio.

Selecciona un ficheiro Descargar
Non hai ficheiro seleccionado.

Sobre o desenvolvemento

PlataformaEscritorio, en local (macOS, Linux e Windows), con lanzadores de dobre clic. A interface é unha aplicación Streamlit que se abre no navegador; os datos non saen do ordenador.
TecnoloxíasPython 3.10+, Streamlit, pandas, DuckDB, PyArrow, Plotly, lxml, Jinja2, ReportLab, Kaleido, mdbtools (opcional), pytest, GitHub Actions

Referencia e cita

AutoríaXoán Xosé Pardal Pérez (autor principal) e Alberto Quian (apoio metodolóxico e técnico). Universidade de Santiago de Compostela.
Versión publicada1.0.0 · 2026-07-28
Licenza do códigoMIT
Como citarPardal Pérez, X. X., e Quian, A. (2026). Auditor de Contratos Públicos (v1.0.0) [software]. Zenodo. https://doi.org/10.5281/zenodo.21652747
FinanciamentoEsta aplicación forma parte do proxecto de I+D+i «XornalIA: Desarrollo, validación y transferencia de una plataforma integradora de soluciones de inteligencia artificial generativa para medios de comunicación» (PDC2025-166024-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e a Axencia Estatal de Investigación.

Obra acollida no Espazo de acollida de GallaecIA Media Hacklab
Curso 2025-2026 | ia.xornalismo.gal