Aplicación / Software

Bitácora

Artai Bringas Gómez e Javier Rodríguez González

Bitácora é unha extensión de Chromium que rexistra de forma automática ata 115 tipos de metadatos de cada páxina web visitada (URL, título, dominio, tempos de carga, etiquetas Open Graph, datos do dispositivo e notas propias) e gárdaos en arquivos CSV locais. Inclúe un panel de análise con consultas visuais por filtros e consultas SQL sobre os rexistros.

HTMLCSSJavaScriptWeb Crypto APIFile System Access APIIndexedDBChrome Extensions APIAES-256-GCMPBKDF2CSV

Demostración

Repositorio consultable

Vista pública dos ficheiros principais (14 ficheiros · 888 KB). Cada ficheiro pódese ver, copiar e descargar. Dependencias, cachés e ficheiros ocultos quedan excluídos.

Descargar todo (ZIP)

Preme «Ver os ficheiros» para cargar o repositorio.

Selecciona un ficheiro Descargar
Non hai ficheiro seleccionado.

Sobre o desenvolvemento

PlataformaExtensión web para navegadores baseados en Chromium
Tecnoloxías
  • Linguaxes base da web: HTML, CSS, JavaScript.
  • API de Chromium: Web Crypto API, File System Access API, IndexedDB, Chrome Extensions API
  • Cifrado: AES-256-GCM, PBKDF2.
  • Formatos de datos estruturados: CSV, JSON.
  • Procesamento dos datos: SQL, WebAssembly, biblioteca sql.js, biblioteca PapaParse.
  • Funcións de desenvolvemento: Python (xeración dos datos sintéticos de demo.csv, xeración dos logotipos mediante a biblioteca Pillow), Node.js (execución de JavaScript fóra do navegador para depuración).
IA empregada
  • Claude Sonnet 4.6 (Adaptive) na interface de Claude.ai para avaliar a viabilidade do proxecto, concretar decisións de deseño e elaborar un prompt detallado para desenvolver a aplicación.
  • GPT-5.2 Thinking (High) na interface de Visual Studio Code a través de GitHub Copilot Pro para o desenvolvemento da aplicación.
  • Os modelos Gemini 3.1 Pro GPT-5.2-Codex Thinking (Xhigh) descartáronse por ineficaz, o primeiro, e por lento e consumidor dun número excesivo de tokens, o segundo.

Proxecto da materia Xornalismo Automatizado Intelixente
Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela
Curso 2025-2026 | ia.xornalismo.gal